A dobre crise da prensa en papel e o camiño cara a súa recuperación: evolución económica do sector en Galiza (2008-2018)
DOI:
https://doi.org/10.15847/obsOBS17120232089Keywords:
Crise dos xornais, sector da edición de xornais, medios de comunicación impresos, xornais impresos, rendibilidade, análise económica-financeiraAbstract
Este traballo trata a evolución económica recente do sector da prensa impresa en Galiza. Alén da crise económica xeral de 2008, o sector sufriu a súa propia crise estrutural provocada pola emerxencia da Internet. Para estudar o impacto desta dobre crise e a resposta das empresas do sector, realizamos unha análise económica-financeira dunha mostra de 13 empresas galegas editoras de xornais en papel durante o período 2008-2018, centrándonos na rendibilidade e nas súas principais compoñentes. Os resultados mostran unha caída da facturación que se prolonga durante todo o período, incluída a fase de crecemento económico, síntoma do declive do papel como soporte xornalístico. Porén, tras unha etapa de crise marcada por rendibilidades negativas, as empresas conseguiron recuperarse grazas a un axuste no volume de activos totais e nos custes operativos máis intenso que a caída experimentada polas vendas, tornando máis pequenas e máis eficientes.Downloads
Published
2023-03-20
How to Cite
Rios-Rodríguez, R., & Dios-Vicente, A. (2023). A dobre crise da prensa en papel e o camiño cara a súa recuperación: evolución económica do sector en Galiza (2008-2018). Observatorio (OBS*), 17(1). https://doi.org/10.15847/obsOBS17120232089
Issue
Section
Articles
License
Copyright (c) 2023 Raul Rios-Rodríguez, Adrián Dios-VicenteThis is an Open Acess article distributed under the terms of the Creative Commons Attribution 4.0 International License (CC BY 4.0), which permits use, sharing and adaptation, provided appropriate credit is given to the original author and the journal.







