A Participación Cidadá no Xornalismo: ¿Reclamo ou Diálogo?
DOI:
https://doi.org/10.15847/obsOBS312009118Keywords:
xornalismo, ciberxornalismo, produción xornalística, participación cidadáAbstract
O xornalismo busca novos folgos para saír da crise de valores que o afecta nos últimos anos. Un dos ámbitos de maiores transformacións está na busca e elaboración da información. A relación cos cidadáns pode cambiar, co apoio dunhas tecnoloxías actuais que abren novos camiños e reforzan outros xa existentes. É por iso que preséntanse iniciativas para un xornalismo máis próximo aos cidadáns. Non cabe dúbida que a participación dos usuarios gañou terreo nos cibermedios nestes últimos tempos. O ano 2006, data do redeseño dalgún dos principais cibermedios en España (www.elmundo.es, www.elpais.es, www.abc.es, www.lavanguardia.es ...), marcou un punto de inflexión na nova forma de entender a relación entre as tradicionais figuras de emisor e receptor no ámbito do xornalismo. Os medios de comunicación víronse na obriga de traballar na procura de facer de dobre sentido as autopistas polas que, como emisores, estaban a enviar información. Deste xeito, trazaron vías de comunicación e retroalimentación entre emisor e receptor, dándolle aos lectores/usuarios certo protagonismo na construción da realidade xornalística. Foi este un momento importante para os medios que, en certo modo, viron necesaria a implicación dos lectores ou usuarios no medio a través da participación cidadá.Downloads
Published
2009-03-23
How to Cite
López García, X. (2009). A Participación Cidadá no Xornalismo: ¿Reclamo ou Diálogo?. Observatorio (OBS*), 3(1). https://doi.org/10.15847/obsOBS312009118
Issue
Section
Articles
License
This is an Open Acess article distributed under the terms of the Creative Commons Attribution 4.0 International License (CC BY 4.0), which permits use, sharing and adaptation, provided appropriate credit is given to the original author and the journal.







