Xosé López

Xosé López Mail
Universidade de Santiago de Compostela, Spain

Xosé López García, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e doutor pola Universidade de Santiago de Compostela, naceu na parroquia luguesa de Cirio, no concello de Pol. Escomezou a súa actividade profesional no semanario A Nosa Terra, para pasar posteriormente a formar parte das redaccións de El Ideal Gallego, Tempo Galego e La Voz de Galicia. Neste xornal traballou quince anos nas súas delegacións de Lugo, Monforte e Santiago. Nesta última ocupou o posto de delegado durante nove anos.
A actividade académica e investigadora iniciouna na Universidade Complutense de Madrid, como becario-colaborador. Con posterioridade, participou en distintas actividades docentes que tiñan como obxectivo a incorporación dos medios de comunicación á escola. Logo da creación da Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela, incorporouse, no segundo ano, como profesor asociado da área de xornalismo. Na actualidade é profesor titular de Universidade.